ADMITIDOS

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 19 de xullo ata as 13:00 horas do martes 26 de xullo de 2016. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional.

Para realizar a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

– Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
– Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior