Proxecto ComerGest

proxecto-comergestComerGest é unha aplicación informática de xestión, gratuita, aberta e libre, que dará a posibilidade a pequenos comercios que non poidan acceder a aplicacións de xestión profesionáis, de altos custos de implantación e mantemento, de descargar a aplicación bautizada como ‘ComerGest’ e poder utilizala para informatizar os seus procesos de xestión.

A aplicación funciona en calquera PC con Sistema Operativo Windows sen necesidade de instalación, polo que calquera con poucos coñecementos informáticos poderá descargala e utilizala. Además, ó ser de código aberto, permitirá que os usuarios a poidan personalizar e adaptar ás súas necesidades.

Os obxectivos principais deste proxecto son: que os alumnos vexan a realidade do comercio da cidade e da súa xestión interna, ademáis de que sexan capaces de ofrecer solucións e melloras ós problemas e procesos dos mesmos. Por outra banda fomentar a integración do centro no tecido comercial e empresarial da cidade, establecendo unha conexión permanente entre a Asociación do Pequeno Comercio de Ourense e a escola para que o proxecto siga crecendo.

Acceda a descarga no arquivo Access, non precisa de instalación, descargue e execute o arquivo.

<descargar ComerGest>