Campaña-solidaria-2017
A Escola Profesional Santo Cristo dende hai máis de vinte anos, desenrola unha campaña, co fin de poder colaborar con ONG ou asociacións que traballan con causas solidarias. Este ano todos os cartos recadados destinaranse á ASOCIACIÓN NEN (Niños enfermos de neuroblastoma) – NICO CONTRA EL CANCER INFANTIL- www.nicocontraelcancerinfantil.es

A campaña terá lugar durante o mes de febreiro e a relación de actividades descritas posteriormente, lévanse a cabo grazas ao noso alumnado, profesores, familias e empresas ou particulares.

O próximo luns 30 de xaneiro ás 13h terá lugar a PRESENTACIÓN DA CAMAPAÑA SOLIDARIA ao noso alumnado por parte das profesoras coordinadoras. Ese mesmo día, ao rematar á presentación celebrarase a CARREIRA SOLIDARIA a favor da ONG SAVE THE CHILDREN para conmemorar o DÍA DA PAZ

O martes 31 de xaneiro ás 13h acudirá a nosa Escola a nai de NICO, para saudar ao alumnado e profesorado, agradecer a iniciativa e dar unha charla sobre DOAZÓN DE MÉDULA

Ademáis o día 7 de Febreiro acudiremos a doar sangue na Unidade Móbil que estará a nosa disposición en horario de 9:30 a 14:30 horas

E durante todo o mes de febreiro levaremos a cabo as distintas actividades para recadar fondos en favor da Asociacion NEN. Entre outras actividades e sempre de 11:30 a 12h

  • Venda de cosméticos (colonias, cremas hidratantes, bálsamos labiais, xabóns…) elaborados todos eles polo alumnado de Farmacia e Parafarmacia da nosa Escola…días 1, 2 e 3 de febreiro
  • Venda de artesanía (vasos decorados, fofuchas e bixutería) elaborados polo alumnado de Actividades Comerciais…días 6 e 8 de febreiro
  • Venda de café …… días 7 e 9 de febreiro
  • Venda de  pinchos….días 13, 15 e 17 de febreiro
  • Venda de lambetadas San Valentín….día 14 de febreiro
  • Venda de doces caseiros…días 20, 22 e 23 de febreiro
  • Deporte. 10 de febreiro (hora por determinar)
  • Xantar solidario. 24 de Febreiro (hora por determinar)

Ademáis durante todo o mes venderanse rifas para un sorteo de premios donados todos eles por empresas tales como Carrefour, Bacelo Taberna Vinaria, Coren, Torres Nuñez, Restaurate O Coto, Ramón do Casar, Oyuco, LA Lakers, Nexus Informática e outras… O sorteo será o día do remate da Campaña, venres 24 de febreiro