TRÁMITE PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR E DE GRAO MEDIO
LOE – CICLO GRAO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
LOE – CICLOS GRAO MEDIO DE: XESTIÓN ADMINISTRATIVA // FARMACIA E PARAFARMACIA//
LOXSE – CICLO GRAO MEDIO DE COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA
Unha vez finalizados os estudos no centro e ter superados todos os módulos do ciclo correspondente, incluido o módulo de FCT ou a superación da formación en empresa. O alumnado deberá pagar as taxas oficiais para a obtención do título.
MOI IMPORTANTE:
• Non pagar as taxas sen antes asegurarte de que titulas. Podes confirmalo chamando á secretaría do centro.
• A data de ingreso da taxa na Entidade Bancaria TEN QUE SER POSTERIOR á data da avaliación final e o peche actas.
PAGO DAS TAXAS – MODELO A
Poderás optar por alguna das seguintes opcións:
• De forma presencial:
Neste caso deberás pasar pola secretaría do centro e solicitar o modelo A de Taxas.
Deberás cumprimentalo e ir a pagar as mesmas a unha entidade bancaria.
Unha vez selado polo banco ou entidade colaboradora, debes presentalo na secretaría do centro xunto coa fotocopia do DNI e, se aplicaches redución por familia numerosa, o libro de familia numerosa (actualizado) e fotocopia.
• De forma telemática:
Poderás realizar a xestión por vía telemática ou presencial descargando o modelo, fai clic no seguinte enlace da << Sede Electrónica >> no apartado de pago de taxas e prezos, preme en iniciar taxa a continuación en
[Acceso Libre], neste momento poderás decidir si queres facer o pago telemático ou descargar o modelo para cumprimentalo e facer o pago nunha oficina bancaria.
INSTRUCCIÓN PARA CUBRIR O MODELO “A” DE TAXAS:
Consellería de: Educación e Ordenación Universitaria Código: 07
Delegación de: Servicios Centrais Código: 13
Servicio de: Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa Código: 03
Taxa: denominación: Expedición de Títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola:
LOXSE: …Código: 302001 ( para ciclo coidados auxiliares de enfermería)
LOE: …Código: 302003 ( para resto de ciclos de graos medios e superiores)
IMPORTE Á INGRESAR NA ENTIDADE BANCARIA: LOXSE/LOE
| Título | Tarifa | Familia Numerosa |
| Ciclos Medios | 22,07 € | 11,06 € |
| Ciclo Superior | 54 € | 27,03 € |
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR (na secretaria do centro presencial ou por correo electrónico)
- Modelo “A” de Taxas da Consellería de Economía e Facenda, despois do ingreso da taxa correspondente en calquera entidade bancaria.
- Fotocopia do D.N.I.
- Fotocopia do Título de Familia Numerosa, se é o caso.Para entregar a documentación:
Poderalo facer na secretaría do centro directamente entregando toda a documentación ou enviando toda a documentación a presentar ao correo electrónico seguinte:
cpr.santocristo@edu.xunta.gal
Asunto: Taxas ciclos grao medio ou superior

























