TRÁMITE PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR E DE GRAO MEDIO

 

LOE –   CICLO GRAO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
LOE –   CICLOS GRAO MEDIO DE: XESTIÓN ADMINISTRATIVA // FARMACIA E PARAFARMACIA//
LOXSE –   CICLO GRAO MEDIO DE COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

Unha vez finalizados os estudos no centro e ter superados todos os módulos do ciclo correspondente, incluido o módulo de FCT ou a superación da formación en empresa. O alumnado deberá pagar as taxas oficiais para a obtención do título.

MOI IMPORTANTE:
• Non pagar as taxas sen antes asegurarte de que titulas. Podes confirmalo chamando á secretaría do centro.
• A data de ingreso da taxa na Entidade Bancaria TEN QUE SER POSTERIOR á data da avaliación final e o peche actas.


PAGO DAS TAXAS – MODELO A


Poderás optar por alguna das seguintes opcións:

• De forma presencial:
Neste caso deberás pasar pola secretaría do centro e solicitar o modelo A de Taxas.
Deberás cumprimentalo e ir a pagar as mesmas a unha entidade bancaria.
Unha vez selado polo banco ou entidade colaboradora, debes presentalo na secretaría do centro xunto coa fotocopia do DNI e, se aplicaches redución por familia numerosa, o libro de familia numerosa (actualizado) e fotocopia.

• De forma telemática:
Poderás realizar a xestión por vía telemática ou presencial descargando o modelo, fai clic no seguinte enlace da << Sede Electrónica >> no apartado de pago de taxas e prezos, preme en iniciar taxa a continuación en [Acceso Libre], neste momento poderás decidir si queres facer o pago telemático ou descargar o modelo para cumprimentalo e facer o pago nunha oficina bancaria.

INSTRUCCIÓN PARA CUBRIR O MODELO “A” DE TAXAS:


Consellería de:   Educación e Ordenación Universitaria    Código: 07
Delegación de:  Servicios Centrais   Código: 13
Servicio de:  Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa   Código: 03

Taxa: denominación: Expedición de Títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola:
LOXSE: …Código: 302001 ( para ciclo coidados auxiliares de enfermería)
LOE: …Código: 302003 ( para resto de ciclos de graos medios e superiores)

IMPORTE Á INGRESAR NA ENTIDADE BANCARIA: LOXSE/LOE

Título Tarifa Familia Numerosa
Ciclos Medios 22,07 € 11,06 €
Ciclo Superior 54 € 27,03 €

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR (na secretaria do centro presencial ou por correo electrónico)

  1. Modelo “A” de Taxas da Consellería de Economía e Facenda, despois do ingreso da taxa correspondente en calquera entidade bancaria.
  2. Fotocopia do D.N.I.
  3. Fotocopia do Título de Familia Numerosa, se é o caso.Para entregar a documentación:
    Poderalo facer na secretaría do centro directamente entregando toda a documentación ou enviando toda a documentación a presentar ao correo electrónico seguinte:

    cpr.santocristo@edu.xunta.gal 
           
    Asunto: Taxas ciclos grao medio ou superior