presentacion-escola-idiomasPresentación da actividade «Escola de idiomas», proxecto de ensino de linguas en horario extraescolar, cuxa oferta inclúe a aprendizaxe de INGLÉS.
O alumnado que participe na Escola de Idiomas terá a posibilidade de mellorar o seu nivel de inglés en grupos reducidos e de certificar os seus progresos a través dos exames oficiais de TRINITY COLLEGE LONDON. Devandito certificado está recoñecido por innumerables universidades de fala inglesa e un gran número de empresas, o que sen dúbida enriquecerá, no futuro, o currículo dos alumnos/as. O exame consiste nunha proba oral cun examinador/a nativo/a de fala inglesa; por elo as clases terán un enfoque eminentemente comunicativo. O exame realizarase a final de curso no propio centro. Cada un dos doce niveis de Trinity está vinculado ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

O horario será o seguinte: Martes de 16:30 a 18:30
Inscricións antes do 25 de Setembro