O martes 30 de maio ás 10:30 horas terá lugar no Salón de Actos da Escola a Presentación do Proxecto Lumeal.

Os alumnos de Xestión Administrativa presentarán o seu proxecto en colaboración co comercio Lumeal, dirixido por Luis Rivera, Presidente do CCA Ourense Centro. 

Trátase da base para unha aplicación informática de xestión, gratuíta, aberta e libre, que dará a posibilidade a pequenos comercios que non poidan acceder a aplicacións de xestión profesionais, de altos custos de implantación e mantemento, de descargar a aplicación bautizada como COMERGEST e poder utilizala para informatizar os seus procesos de xestión de forma libre e gratuíta.

Asistirán, entre outras personalidades , D. Luis Rivera en representación do pequeno comercio de Ourense, Dna. Flora Moure, Concelleira de Comercio do Excmo. Concello de Ourense, D. Santiago Álvarez González, Xefe territorial de Economía da Xunta de Galicia, e D. José Luis Vázquez Fernández, Inspector de FP de Ourense da Consellería de Educación