A formación continua é fundamental para os médicos, que teñen que poñerse ao día cos últimos avances da ciencia.

 A formación continua é fundamental para os médicos, que teñen que poñerse ao día cos últimos avances da ciencia. Por iso estes días os traumatólogos do complexo hospitalario de Ourense teñen á súa disposición un laboratorio móbil en que están a coñecer o último en artroscopias, unha técnica moito menos agresiva que a cirurxía tradicional. 

Durante dous días, esta furgoneta aparcada nas portas do Complexo Hospitalario de Ourense acollerá os profesionais do servizo de traumatoloxía para perfeccionar a súa destreza coa técnica da artroscopia. 

Neste laboratorio móbil os profesionais abordan técnicas de gran complexidade como as intervencións en nocello e pulso. A metade das intervencións sen ingreso en traumatoloxía son xa artroscopias en que os pacientes marchan para casa no mesmo día. Unha arma terapéutica que amais de evitar o ingreso, reduce o tempo de recuperación da articulación.

Información ampliada no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/informativos/un-laboratorio-mobil-permite-ponerse-ao-dia-nas-tecnicas-de-artroscopia-no-chuo

 Fuente: .crtvg

Publicado o 04/07/2017 21:00.