O próximo Venres día 29 de Xaneiro terá lugar no salón de actos da escola un acto como motivo da conmemoración do día da PAZ.
20160127_083632

Posteriormente realizarase unha carreira solidaria por un percorrido de 4kms que transcorrerá ao longo da zona vella da cidade. Cada alumno/a que participa, faio coa axuda de un ou varios patrocinadores (pais, amigos, locais comerciais, etc). Cada patrocinador achegará unha cantidade de euros por km percorrido por cada participante. Todo o recadado durante a carreira será en favor da ONG «Save The Children».

Damos as grazas de antemán a todo o alumnado disposto a participar e a colaborar na causa contra a desnutrición infantil no mundo.

O obxectivo principal é coñecer e impedir que máis nenos e nenas cheguen a morrer por desnutrición. Nos países empobrecidos como son Burkina Faso, Níxer, Mauritania ou Malí, millóns de nenos e nenas poden ter unha oportunidade de futuro se poñemos o noso graniño de area.