Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, hoxe tivemos a sesión correspondente á segunda avaliación.
Podedes consultar as vosas notas no Abalar.
Aqueles que teñades algún atranco, póndevos en contacto coa vosa titora a través da Aula Virtual, facilitándolle unha dirección de correo electrónico para que vos poda enviar as notas.
De momento non hai novidades para os alumnos de segundo curso que acceden á FCT. Cando a Consellería dea instrucións, publicarémolas na páxina web da Escola e nas redes sociais.
Seguimos coa actividade académica na Aula Virtual.
Estade atentos.