Unha vez reunido o claustro de profesores para tomar as decisións pertinentes en relación á orde da Consellería pola que se establece un marco de actuación con respecto ao alumnado que está á espera de incorporarse ao módulo de FCT previo á consecución do título correspondente, informamos a todo o alumnado interesado de que en breve os vosos titores de prácticas contactarán con vós a través da aula virtual do centro ou directamente a través do voso correo electrónico para darvos as directrices necesarias para dar inicio ó período de FCT do xeito legalmente establecido.

Para calquera dúbida ou aclaración que se precise, podedes contactar con nós por calquera dos medios dispoñibles: Aula Virtual, no correo electrónico direccion@escolasantocristo.com ou no teléfono 988 220 588