En relación ao alumnado que ten que avaliarse por avaliación extraordinaria, a falta dunha concreción definitiva, que en todo caso será comunicada nos vindeiros días na Páxina Web e na Aula Virtual do Centro, o procedemento será o seguinte:

  • Terán que presentarse a unha proba teórico-práctica de toda a materia de cada módulo de xeito presencial na primeira semana do mes de Xuño (pendente de publicación o horario definitivo)
  • De non ser posible a realización presencial da proba, levarase a cabo de xeito telemético a través da Aula Virtual ou de calquera dos medios postos á disposición do alumnado pola Consellería de Educación, sempre dentro desa primerira semana do mes de Xuño, e do xeito e na data que establezca o profesor de cada módulo, e que serán debidamente comunicados con suficiente antelación.
  • Os traballos, libretas, actividades etc requeridos serán entregados a través da Aula Virtual ou do xeito que cada profesor considere, nos prazos marcados e sempre antes da realización da proba final.

Para calquera dúbida ou aclaración que se precise, podedes contactar con nós por calquera dos medios dispoñibles: Aula Virtual, no correo electrónico direccion@escolasantocristo.com ou no teléfono 988 220 588