L M Mi J V S D
    12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930     
             

Rúa San Pedro Nº 2
32005 Ourense
Tfno.: 988 220 588

Centro concertado
   A Escola Profesional Santo Cristo é unha institución pertencente ao Bispado de Ourense, sendo o Sr. Bispo o seu representante titular.

   No decreto 289 de 1972 do 27 de xaneiro (BOE 15-02-1972) é clasificado como Centro de Formación Profesional Industrial.

   A incorporación da muller ao traballo fora da casa, sobre todo nas empresas de servizos, é o factor motivador en D. Ángel Temiño, bispo da diócese de Ourense, para ofrecer dende a Igrexa á sociedade un centro de Formación onde a muller se capacite como profesional e como persoa con calidade humana e cristiana (actualmente é un Centro mixto).

   Este foi tamén o interese de Bonifacia Rodríguez, Fundadora das Servas de San Xosé, que a finais do século XIX inicia a andadura dunha Congregación que atende a mozas que van traballar á cidade para ensinarlles un oficio e darlles cultura e formación relixiosa; é dicir, preparalas para unha profesión e cualificar ás súas persoas.

   A Xestión da Escola Santo Cristo está encomendada á Congregación das Servas de San Xosé que dende os comezos ata o día de hoxe foi marcando o seu selo nas distintas dimensións que definen a actividade.

   É un Centro Concertado con Concerto Pleno coa Xunta de Galicia, polo tanto está afectado, no seu funcionamento, polas Leises, Ordes e Resolucións que para tal caso aproba a Administración.

 © Escola Santo Cristo | Confidencialidade |  8-09-2010 | 6 usuarios activos  VisualQ